Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.636

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (162/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria en funcións do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou

fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 162/2002 por instancia de Andrés Juanatey Nieto contra Manuel Pose García e outra sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 11-7-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que estimando a excepción de incompetencia de xurisdicción, declaro a deste xulgado para coñecer da demanda e, sen entrar a resolver sobre o fondo do asunto, absolvo desta os demandados José Manuel Pose García e Nordeste, S.A., advertindo ó demandante Andrés Juanatey Nieto, do seu dereito a reproducila ante a xurisdicción civil.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ó da notificación.

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Nordeste, S.A., expido e asino esta cédula na Coruña, 12 de agosto de 2002.

A secretaria xudicial en funcións

Rubricado