Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Venres, 13 de setembro de 2002 Páx. 13.636

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (163/2001).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción numero cinco de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 163/2001 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela o quince de xuño de dous mil un.

Jorge Ginés Cid Carballo, maxistrado-xuíz de Instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público a presente causa de xuízo de faltas 163/2001, seguida por faltas de lesións, danos e insultos contra Sandra López Cheda e Nuria María Garazo Brea, tendo sido parte nela o Ministerio Fiscal e o denunciante Manuel Carballeira García.

Decido que debo absolver como absolvo a Sandra López Cheda e Nuria María Garazo Brea das faltas de lesións, danos e inxurias de que viñan acusadas, con declaración das custas de oficio.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos dous efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lles sirva de notificación de sentencia a Sandra López Cheda e Manuel Carballeira García, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o dezanove de agosto de dous mil dous.

O secretario

Rubricado