Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.576

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO de citación para notificación por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 126.4º da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.4º catro da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e tentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible levala a efecto por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se encontran pendentes de notificar actos do procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a seguir, sendo órgano responsable da tramitación dos citados actos a Dependencia de Recadación, Unidade de Recadación de Débedas de Menor Contía, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo, nº 1 de Oviedo.

Suxeito pasivo: 71850797Q, Pérez Bustelo, José Carlos.

Concepto/obx. tributario: nº fact. 200100609). Hospital da CO.

Acto para notificar: providencia de constrinximento.

Suxeito pasivo: 71650274K, Rivas Prieto, Vanesa.

Concepto/obx. tributario: nº factura 01571. Prezo público CO.

Acto para notificar: providencia de constrinximento.

Suxeito pasivo: 53515179K, Romero Montoya, Mª del Car.

Concepto/obx. tributario: sanción exp. 2000/OU-3168-O-00 P.T.

Acto para notificar: providencia de constrinximento.

En virtude do anterior, dispoño que os debedores indicados anteriormente, ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade de Recadación de Débedas de Menor Contía, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo, nº 1 de Oviedo ou na delegación ou administración da axencia tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para efectos de practica-las notificacións dos citados actos.

Así mesmo, advírtese ós interesados que, de non compareceren no mencionado prazo, se entenderá producida a notificación para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Oviedo, 24 de xullo de 2002.

José Manuel González-Lamuño Leguina

Xefe da Dependencia de Recadación de Oviedo