Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.576

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

No BOP da Coruña nº 171, do 27 de xullo de 2002, publicáronse integramente as bases específicas da convocatoria para a provisión dunha praza de TAE de deportes, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior, pertencente ó grupo A, vacante no cadro de persoal do Concello de Oleiros.

A regulación desta convocatoria específica complétase coa establecida na convocatoria unitaria para as prazas de persoal laboral fixo, correspondente ó exercicio de 2001, publicada no BOP da Coruña nº 236, do 15 de outubro de 2001.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, que comezarán a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio da convocatoria no BOE, deixando constancia de que os

sucesivos anuncios relativos á convocatoria se publicarán no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Oleiros, 29 de xullo de 2002.

Mª Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta