Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA de notificación de taxación do 5 de setembro de 2002, do expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución do Plan Parcial de Ordenación do Parque Empresarial de Lourenzá.

De acordo co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE de 27 de novembro) e devoltas polo servicio de correos, por descoñecido, a notificación do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo do 15 de maio de 2002, pola que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisa ocupar para a execución do Plan de Ordenación do Parque Empresarial de Lourenzá, pola presente cédula notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo coñecido sinalado no anexo, a taxación. Tamén, se lles comunica, de conformi

dade co previsto no artigo 145 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, para que poidan formula-las alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

Así mesmo, o expediente estará exposto nas oficinas da Sociedade de Xestión Urbanística de Lugo, S.A. (Xestur-Lugo), sitas na praza de Santo Domingo, e no rexistro da xefatura de Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, situado na avenida Ramón Ferreiro, nº 28, 27002 Lugo.

E para que conste para os efectos de notificación ós interesados con enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido a presente cédula.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2002.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

Relación de bens e dereitos afectados.

Pred.Ref. catastral, pol. parcela, propietario, enderezoSup.

m

Valor soloOutros bens para valorar

213-757

Miguel Ángel Pérez Pérez

Zamora, 77, 4ºA

Vigo (Pontevedra)

2.7206.732Non consta7.068,60

253.765

María Fernández Sante

Enderezo descoñecido

7001.732,50398,26

Eucalipto

2.237,30

263-766

Luisa Fernández Sante

Enderezo descoñecido

7401.831,50421,02

Eucalipto

2.365,15