Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais, pola que se anuncia concurso público para a contratación da xestión do servicio público de explotación dunha residencia asistida para maiores en Larouco, na modalidade de concesión.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Asuntos Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: xestión do servicio público de explotación dunha residencia asistida para maiores en Larouco, así como a realización das obras necesarias para o establecemento do servicio e equipamento do centro.

b) Lugar de execución: Larouco (Ourense).

c) Prazo de execución: 15 anos.

d) Indicar se a execución do contrato comprende a execución de obras: si.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Praza/día asistida: 51 euros (IVE incluído).

Praza/día válida: 30 euros (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 109.200 euros.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 - Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 56 50.

e) Fax: 981 54 69 69.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional:

Ver puntos 10 e 11 da cláusula 7.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: as sinaladas no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

2ª Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Asuntos Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó de finalización de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

11. Portal informático ou páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratación.

Os planos de situación e topográfico están á súa disposición na sede da consellería.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002.

Miguel Rodríguez Barrio

Secretario xeral da Consellería de Asuntos Sociais