Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.A., C.T.I. A Pedreira.
Situación: Narón.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 67 m de lonxitude, coa orixe na liña que discorre polo lugar da Pedreira e final no C.T.I. A Pedreira, que se vai instalar.
Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV na Pedreira. Concello de Narón.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 1 de agosto de 2002.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións