Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Bexo II.
Situación: Dodro.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV baixo tubo e con conductor R.H.Z. 1, 12/20 kV de 3 (1x95) mm Al, de 270 m de lonxitude, coa orixe no terceiro apoio anterior a C.T. Bexo e final no C.T. Bexo II, que se vai instalar.
Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Bexo II, do que parte rede subterránea de baixa tensión de 30 m de lonxitude, que se conecta á rede existente. Concello de Dodro.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 1 de agosto de 2002.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións