Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.553

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de setembro de 2002 pola que se resolve concurso público de méritos para cubrir determinados postos en réxime de comisión de servicios por funcionarios docentes de ensinanza non universitaria.

A Orde do 13 de maio de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 31 de maio) convocaba concurso público de méritos para cubrir determinados postos en réxime de comisión de servicios por funcionarios docentes de ensino non universitario.

Unha vez cumpridos os requisitos legais e transcorridos os prazos establecidos pola resolución provisional e pola resolución definitiva, e logo de ter superado positivamente os aspirantes o curso selectivo de formación de acordo coa proposta efectuada pola Comisión de Selección prevista no artigo 10 da citada orde, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear, en réxime de comisión de servicios, para cubri-las prazas indicadas, os profesores

que se relacionan no anexo, onde tamén se especifican as prazas que non se cubriron polos aspirantes e que, polo tanto, quedan vacantes.

Segundo.-Esta comisión de servicios terá unha duración segundo o período que se especifica no artigo 11.2º da orde de convocatoria.

Terceiro.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) de modificación da

Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Cuarto.-Os funcionarios ou funcionarias seleccionados pola presente orde quedarán adscritos ós postos adxudicados a partir do 1 de setembro de 2002.

A presente orde entrará en vigor no mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Denominación das prazas e relación das vacantes

Denominación das prazasNº de prazasConcursantes seleccionados

Desenvolvemento curricular de ciclosActividades físicas e deportivas; comunicación, imaxe e son; servicios socioculturais e á comunidade1

formativos e de programas

de garantía social

Hostalería e turismo; actividades agrarias; industrias alimentarias; imaxe persoal; química; sanidade; vidro e cerámica1

Edificación e obra civil; madeira e moble1

Actividades marítimo-pesqueiras; fabricación mecánica; mantemento de vehículos autopropulsados; mantemento e servicios á producción; electricidade e electrónica1

Análise e deseño curricular1Vázquez Froján, Mª Dolores

Programas educativos europeos1Ariño Roure, Álvaro