Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 12 de setembro de 2002 Páx. 13.548

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Seragua FCC, S.A. UTE Lei 18/1982-Redondela.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Seragua FCC, S.A. UTE Ley 18/1982 Redondela, con nº de código 3602632 que tivo entrada nesta delegación provincial o día 15-7-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, con data do 11-7-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma

de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 22 de xullo de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Empresa Seragua FCC, S.A. UTE Redondela

Convenio colectivo anos 2002-2003 e 2004

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal da empresa Seragua, S.A.-FCC, S.A. UTE, Ley 18/1982 (UTE Seragua Redondela), concesionaria do Servicio Municipal de Abastecemento e Saneamento de Auga de Redondela.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2002 sexa cal fose a data da súa publicación. Terá unha vixencia de tres anos, que rematará o 31 de decembro de 2004.

Artigo 3º.-Denuncia.

Ámbalas dúas partes consideran automaticamente denunciado o presente convenio ó final da súa vixencia, 31 de decembro de 2004, comprometéndose a inicia-la negociación do seguinte convenio un mes antes da finalización da vixencia do actual.

Artigo 4º.-Conceptos retributivos.

As retribucións de cada traballador estarán compostas polo salario base de convenio e os complementos que para cada actividade e categoría se determinan no articulado do convenio.

O pagamento da nómina mensual efectuarase mediante transferencia bancaria á entidade previamente designada polo interesado.

Artigo 5º.-Salario base.

O salario base de convenio é o fixado na táboa anexa I.

Para o ano 2003 o salario base será o fixado para o ano 2002, incrementado no IPC real do ano 2002.

Para o ano 2004 o salario base será o fixado para o ano 2003, incrementado no IPC real do ano 2003 máis medio punto.

Artigo 6º.-Antigüidade.

Tódolos traballadores afectados por este convenio percibirán en concepto de antigüidade as cantidades establecidas na táboa anexa II.

A data de partida dos premios será a do primeiro de xaneiro ou a do primeiro de xullo, segundo que o ingreso na empresa se producise o primeiro ou segundo semestre do ano.

Artigo 7º.-Participación en beneficios.

O persoal acollido a este convenio percibirá por este concepto, o quince por cento (15%) do importe dos salarios fixados na táboa anexa I.

A participación en beneficios percibirase mensualmente.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal comprendido neste convenio percibirá catro pagas extraordinarias de devengo trimestral, por importe, cada unha delas, dunha mensualidade, calculada sobre o salario base maila antiguidade, que serán efectivas o 31 de marzo, o 30 de xuño, o 30 de setembro e 22 de decembro.

O cómputo efectuarase do seguinte modo:

TrimestreAboamento

Xaneiro, febreiro, marzomarzo

Abril, maio, xuñoxuño

Xullo, agosto, setembrosetembro

Outubro, novembro, decembrodecembro

O persoal de novo ingreso, o que cese durante o primeiro semestre do ano, percibirá unicamente a parte proporcional das pagas extraordinarias de marzo y xuño, que corresponda ó tempo efectivamente traballado. Idéntico criterio se aplicará para o persoal que ingrese ou cese na empresa no segundo semestre do ano, respecto ás pagas extraordinarias de setembro e decembro.

Artigo 9º.-Complemento de toxicidade.

O complemento por traballos tóxicos fíxase en 9 euros/mensuais efectivamente traballado.

Aplicarase cando se efectúen cambios de contedores ou botellas de cloro ou reparen avarías nos aparellos de dosificación, ó persoal implicado nos ditos traballos, así como a todos aqueles traballadores que nun momento determinado efectúen traballos no abastecemento ou saneamento e depuración de auga con posibilidade de existencia de toxicidade.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

Ano 2002. Aboaráselle a cada un dos traballadores da empresa a cantidade de cen euros (100 A) mensuais por este concepto, entendéndose, en todo caso, absorbida calquera cantidade que puidese devengarse en concepto de complemento de distancia. O complemento de transporte aboarase por mes efectivamente traballado.

Ano 2003. A cantidade que se vai aboar será de cento cinco euros (105 A).

Ano 2004. A cantidade que se vai aboar será de cento dez euros (110 A).

Artigo 11º.-Quebranto de moeda.

A empresa non exime da obriga de repoñer posibles perdas de diñeiro aqueles traballadores que a súa función leve implícito o manexo do diñeiro.

No obstante, como compensación do anterior, aboaráselle a cada un destes traballadores durante a vixencia do convenio a cantidade de corenta e oito euros con oito céntimos (48,08 A) por mes efectivamente traballado.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

Poderánse realiza-las horas extraordinarias estructurais necesarias por acumulación de tarefas, ausencias imprevistas, cambios de quendas e outras circunstancias de carácter estructural, por causa da natureza do traballo que se vaia executar.

O valor das horas extraordinarias é o fixado na taboa anexa III.

Artigo 12º bis.-Quilometraxe.

Todo traballador que utilice o vehículo da súa propiedade por conta da empresa percibirá a cantidade de vintetrés céntimos de euro kilómetro (0,23 A/km). Será necesaria a aprobación do gasto por parte do responsable correspondente.

Enténdese que as melloras pactadas serán de aplicación a partir da data da sinatura do convenio colectivo.

Artigo 13º.-Persoal de garda semanal.

Dispoñibilidade e retén días non laborables:

-Dispoñibilidade persoal de equipos.

Ó principio de cada semana (luns) entrará de dispoñibilidade un traballador de mantemento de equipos para atende-las tarefas respectivas, prolongándose a dispoñibilidade ata o luns seguinte.

Os labores de vixilancia, reparación e mantemento comezarán unha vez finalizada a xornada laboral ordinaria.

O traballador de dispoñibilidade portará durante a semana un buscapersoas (teléfono móbil ou calquera outro medio técnico) fóra do horario laboral, onde recibirá tódolos avisos das situacións que se produzan nos equipos do servicio, debendo acudir coa debida prestancia ós devanditos avisos.

As dispoñibilidades, de acordo co descrito serán obrigatorias e rotativas entre todo o persoal de mantemento de equipos.

A retribución para cada traballador por este concepto será de sesenta e nove euros con doce céntimos (69,12 A).

-Dispoñibilidade e mantemento persoal de rede.

Ó principio de cada semana (luns) entrará de dispoñibilidade/mantemento unha parella de traballadores de rede, prolongándose a dispoñibilidade ata o luns seguinte.

Ós labores de reparación e mantemento comezarán unha vez finalizada a xornada laboral ordinaria.

Os traballadores de dispoñibilidade/mantemento portarán durante a semana sendos buscapersoas (teléfono móbil ou calquera outro medio técnico) fóra do horario laboral, onde recibirán tódolos avisos das situacións anómalas que se produzan no servicio, debendo acudir coa debida prestancia ós devanditos avisos.

A dispoñibilidade/mantemento, de acordo co descrito, será obrigatoria e rotativa entre todo o persoal de rede.

Os días non laborables, un destes traballadores permanecerá nas dependencias do servicio, por espacio de tres horas pola mañá e unha pola tarde. Os horarios e as tarefas que vai desempeñar serán fixados pola xefatura do servicio.

O traballador que permanecera en dispoñibilidade nas dependencias do servicio desfrutará de descanso polo mesmo tempo traballado, na semana posterior a esta. As horas efectivamente traballadas fóra da xornada normal e dos horarios de dispoñibilidades, retribuiranse como horas extraordinarias.

A retribución por estes conceptos para cada traballador será de cento oitenta euros (180 A), durante os doce meses do ano. No caso de IT ou AT dalgún dos traballadores adscritos a esta dispoñibilidade/mantemento, as cantidades deixadas de percibir polo citado traballador, ratearánse entre o resto dos traballadores que realicen estes labores.

Artigo 14º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para toda a vixencia do convenio será de mil setecentas sesenta (1.760) horas anuais, e de 40 horas semanais distribuídas segundo o seguinte horario:

De luns a venres, de 9 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

Os días de Noiteboa (24 de decembro) e Fin de Ano (31 de decembro) o horario será de 9 a 14 horas.

Meses de xullo e agosto: de luns a venres de 7 a 15 horas.

Adaptarase a xornada resultante destes horarios ó cómputo anual establecido.

Artigo 15º.-Vacacións.

Tódolos traballadores terán dereito a un período de vacacións anuais de trinta (30) días naturais, que se desfrutarán preferentemente no período comprendido entre o 1 de abril e o 31 de outubro, quedando excluído o seu desfrute nos meses de xornada intensiva.

Para o desfrute das vacacións fixarase un calendario rotativo dentro de cada servicio, en función do período de desfrute previsto, que garanta que ningún traballador poida verse discriminado. Sen embargo, o calendario definitivo recollerá aquelas modificacións propostas polos traballadores, e libremente pactadas entre eles, sempre que non afecten significativamente ó servicio ou sección ó cal estean asignados.

A retribución en período vacacional será: salario base máis antiguidade e participación en beneficios.

Artigo 16º.-Festas.

Terán consideración de festas todas aquelas que regulamentariamente estean determinadas, tamén o día 1 de xuño, día da Patroa. Se o primeiro de xuño fose día non laborable, cambiarase polo día laborable inmediatamente anterior.

Artigo 17º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e posterior xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algún dos motivos e períodos seguintes:

15 días naturais en caso de matrimonio.

3 días naturais en caso de falecemento de cónxuxe ou fillos.

3 días naturais en caso de enfermidade grave de cónxuxe ou fillos.

3 días naturais polo nacemento de fillo/a.

2 días naturais no caso de falecemento de pais, avós, netos ou irmáns do traballador ou o seu cónxuxe.

1 día por traslado de domicilio.

1 día por asuntos propios, previo aviso de 72 horas.

2 días por enfermidade grave de familiares ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

As licencias enténdense vinculadas ó feito causante, debéndose desfrutar ó producirse este.

Artigo 18º.-Anticipos reintegrables.

Tódolos traballadores afectados polo convenio poderán solicitar, con cargo ó fondo establecido neste artigo, anticipos reintegrables que serán concedidos pola dirección da UTE.

A forma de amortización será:

Unha mensualidade para amortizar en doce meses.

Dúas mensualidades para amortizar en vintecatro meses.

Establécense mil douscentos dous euros (1.202 A) como cantidade máxima para solicitar por anticipo e solicitante.

Terán prioridade para a concesión dos anticipos reintegrables aqueles traballadores que non o solicitaran nunca, ou que, de facelo, deixaran transcorrer máis tempo desde o pagamento da última amortización.

A empresa destinará a dita finalidade a cantidade de seis mil seiscentos euros (6.600 A).

Consideraranse incluídas no fondo de cada ano as cantidades pendentes de reintegrar dos anticipos concedidos nos exercicios anteriores.

Artigo 19º.-Fondo social.

O importe do fondo social para axuda de estudios, cultura, deporte, turismo social, etc., será para cada un dos anos de vixencia de mil catrocentos euros (1.400 A), con destino a tódolos traballadores.

A dirección da empresa aprobará os criterios e programas, vixiando a distribución e contía para aplicar en cada caso, por proposta do delegado de persoal.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

Subministraránselle a todo o persoal as necesarias e habituais roupas de traballo, quedando determinada a súa entrega na forma seguinte:

-Camisa de manga curta: 2 ó ano.

-Camisa de manga longa: 2 ó ano.

-Pantalón: 2 ó ano.

-Calzado de seguridade: 1 par ó ano.

-Anorak: 1 cada dous anos.

-Chaqueta curta e pantalón: 2 ó ano.

-Xersei de inverno: 2 ó ano.

-Roupa de auga (cando o posto de traballo así o requira).

-Botas de seguridade: 1 par ó ano.

-Luvas de caucho: segundo necesidades.

-Botas de auga: 1 par ó ano.

-Funda de traballo: 2 ó ano.

-Gorras: 2 ó ano.

-Toallas: 2 ó ano.

-Chaleco: 2 ó ano

A utilización da roupa de traballo será obrigatoria durante a xornada laboral.

As datas de entrega serán aproximadamente a primeiro de outubro para a roupa de inverno e o primeiro de xuño para a roupa de verán.

Artigo 21º.-Seguro de accidentes.

A empresa comprométese a subscribir unha póliza de accidentes de traballo que lle garanta a cada traballador as seguintes indemnizacións:

a) No caso de falecemento por accidente de traballo ou enfermidade profesional: nove mil cen euros (9.100 A).

b) En caso de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente laboral ou enfermidade profesional: doce mil cen euros (12.100 A).

Artigo 22º.-Situación de incapacidade temporal.

A empresa aboaralles a tódolos traballadores durante a situación de IT derivada de accidente de traballo e desde o primeiro día, a diferencia entre as prestacións da Seguridade Social e o 100% do salario base, antigüidade, participación en beneficios e parte proporcional das pagas extras.

De igual forma, completarase ata o 100% do salario base máis antiguidade, participación en beneficios e parte proporcional das pagas extras, nos casos de hospitalización e mentres dure esta. A dita situación deberase acreditar fidedignamente para xera-lo dereito a este complemento.

Artigo 23º.-Retirada do permiso de conducir.

No suposto de que un traballador, con o sen a categoría de conductor, realizando o seu cometido cun vehículo da empresa e cumprindo a función que lle foi asignada, se lle retirara provisionalmente o permiso de conducir, a empresa acomodarao a outro posto de traballo adecuado ás súas facultades e respectarase a retribución da súa categoría profesional, por un máximo de 2 anos. Ó remate da suspensión será reintegrado ó seu posto de traballo.

Estes beneficios non terán lugar cando a causa da retirada do permiso de conducir se deba a imprudencia temeraria, embriaguez ou drogadicción ou cando exista reincidencia.

Artigo 24º.-Seguridade e hixiene.

Será de aplicación a lexislación vixente sobre seguridade e saúde laboral, e ámbalas partes velarán polo seu estricto cumprimento.

Artigo 25º.-Cuota sindical.

A empresa, logo de solicitude do interesado, efectuará as retencións pertinentes pola cuota sindical.

Artigo 26º.-Comisión mixta interpretativa do convenio.

Cantas dúbidas xurdan en relación coa interpretación do convenio serán sometidas á comisión paritaria que estará constituída por un representante designado polos traballadores e un representante designado pola dirección da empresa, que formarán parte da comisión negociadora do convenio.

Tódolos conflictos, tanto individuais como colectivos que puidesen xurdir durante a vixencia do presente convenio deberán someterse, como trámite previo e perceptivo, ó dictame desta comisión.

Artigo 27º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non recollido no presente convenio rexerase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes aplicables.

Cláusula adicional.

Ós traballadores que demostraran as súas capacidades profesionais, idoneidade para o posto de traballo e dedicación mediante un contrato temporal previo, unha vez finalizado este, formalizaráselles

un contrato de obra ou servicio determinado polo período de tempo que dure a concesión do servicio.

Definicións de categorías.

Persoal técnico e administrativo:

Xefes de servicio.

Son os que, posuíndo a capacidade e coñecementos adecuados, teñen delegada baixo o seu mando e responsabilidade a dirección ou inspección (ou ámbalas funcións) de explotación.

Oficiais de segunda administrativos.

Son os empregados que, con perfecto coñecemento do traballo de categoría inferior e ás ordes dun xefe ou oficial, desenvolven traballos de mediana responsabilidade, tales como confección de nóminas, control e liquidación de efectos ó cobro, operacións de contabilidade, transcrición a libros ou outros medios, organización de arquivos ou ficheiros e demais traballos auxiliares.

Auxiliares administrativos.

Son os que axudan ós seus superiores en traballos de tipo administrativo en calquera das súas facetas, posuíndo coñecementos elementais de carácter burocrático, tales como mecanográficos en xeral, manexo de máquinas de calcular, cálculo numérico, manipulación de efectos e documentos, xustificantes, custos e preparación de recibos e cargos, etc.

Lectores.

Son os que anotan o consumo sinalado polos contadores dos aboados nos rexistros da empresa ou entidade e libretas ou outros medios que constan en poder daqueles, realizando o conxunto de operacións de restas, renovación de libretas de aboados e similares, que consonte as normas e costumes propios da organización de cada empresa, son necesarias e oportunas para proceder á ulterior facturación de subministracións, debendo dar conta ós seus superiores das anomalías que observen con motivo das lecturas de contadores.

Cando non realicen o seu traballo normal de lectura poderáselles encomendar na oficina traballos de repaso, comprobación e similares do conxunto de operacións que constitúen o seu labor habitual, e poderán efectuar entrega de correspondencia ou notificacións relacionadas coas subministracións.

Persoal operario:

Oficiais de primeira.

Son os que, posuíndo un oficio determinado, practícano e aplícano con tal grao de perfección, que non só lle permiten levar a cabo os traballos xerais do seu oficio, senón aqueloutros que supoñen especial empeño e delicadeza dentro del, con coñecemento completo dos traballos de taller, das instalacións de producción ou da rede de distribución, coidan do seu cumprimento e dirixen persoalmente os traballos do persoal obreiro, con perfecto coñecemento das tarefas que estes efectúan, son res

ponsables da súa disciplina, seguridade e rendemento, así como da perfecta execución do traballo.

Oficiais de segunda.

Integran esta categoría aqueles operarios que, sen chegar á especialidade esixida para o traballo máis perfecto, executan coa suficiente corrección e eficacia tarefas de carácter xeral ou específicas nos talleres, nas instalacións de producción ou na rede de distribución.

Este persoal poderá estar actuando ás órdes de persoal de superior categoría, ó ter ó seu cargo persoal de categoría inferior cando o cometido asignado non sexa de maior responsabilidade.

Oficiais de terceira.

Considéranse como tales os que, coa formación profesional elemental das funcións que integran un oficio, executan os traballos de acordo coa referida formación, baixo a dirección ou encargo dun superior.

Peóns especialistas.

Son os empregados que, con determinados coñecementos dunha especialidade, execútana e axudan ós oficiais.

Peóns.

Son os obreiros que para o desempeño das súas funcións só achegan o seu esforzo físico e non precisan práctica previa nin coñecementos de especialidade ningunha.

Os peóns con antigüidade superior ós dous anos ascenderán automaticamente a peóns especilistas.

ANEXO I

Retribucións

CategoríaEuros

-Persoal técnico e administrativo
Xefe de servicio1.033
Oficial 2ª administrativo862
Auxiliar administrativo629
Lector592

-Persoal operario
Oficial 1ª operario874
Oficial 2ª operario854
Oficial 3ª operario674
Peón especialista590
Peón 584

ANEXO II

Antigüidade euros/mes

Categoría1 bienio2 bienios2 b. e 1 q.2 b. e 2 q.2 b. e 3 q.2 b. e 4 q.

Todas10,22 A20,44 A45,68 A72,12 A96,16 A120,20 A

ANEXO III

Valor hora extra diurna-nocturna e festiva

Categoría2002 e 20032004

-Persoal técnico e administrativo
Oficial 2ª administrativo1212,60
Auxiliar administrativo1010,60
Lector1010,60
-Persoal operario
Oficial 1ª operario12,0212,62
Oficial 2ª operario11,4212,02
Oficial 3ª operario10,2210,82
Peón especialista9,6210,22
Peón9,6210,22

Acta final.

Reunidos na sala de reunións da sede da UTE Seragua, S.A.-FCC, S.A., a comisión negociadora do convenio colectivo, composta polas persoas que a continuación se relacionan, acordan aproba-lo texto do convenio colectivo que se xunta, e en proba de conformidade, asinan a presente acta en Redondela, once de xullo do ano dous mil dous.

Pola parte económica:

José Luis García Ibañez.

Andrés F. Mariño Vilar.

David Soneira Fernández.

Pola parte social:

Alfredo Abreu Alonso (delegado do persoal).

Asesor:

Xesús Costa Argibay.