Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.527

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE XOVE

ANUNCIO de contratación.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión do 1 de agosto de 2002, acordou a contratación, mediante concurso con procedemento aberto con mellora, sobre proposta de prestación aprobada por esta corporación, das obras que se sinalarán de conformidade co prego de cláusulas administrativas para a licitación aprobada pola Administración para a execución da obra da rúa de Camiño Real a avda. Deputación, acordándose a contratación e expoñéndose simultaneamente o seu prego durante 8 días, co anuncio de licitación, de conformidade co artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, para o contrato das características que se sinalan a seguir:

Cadro de características do contrato:

1. Proxecto: rúa de enlace de Camiño Real a avda. Deputación.

2. Tipo de licitación: 170.013,59 A (IVE incluído).

3. Partida: 460.

4. Prazo de execución: 12 meses.

5. Clasificación do contratista: non se esixe.

6. Lugar de presentación de proposicións e información: rexistro xeral do Concello de Xove (Camiño Real, s/n, 27870 Xove). Facilitarase, así mesmo, copia do prego de condicións en persoa, por correo, ou telecopia (982 59 21 54).

7. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais desde a última públicación no BOP de Lugo ou DOG.

8. Fianza provisional: 3.400,27 A.

9. Fianza definitiva: 4% da adxudicación.

10. Modalidades básicas de financiamento e pagamento: obra financiada con fondos propios.

11. Criterios de selección para a adxudicación do contrato: os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares desta licitación.

Xove, 5 de agosto de 2002.

Manuel Díaz Sánchez

Secretario

Jaime Pernas Rodríguez

Alcalde accidental

ANEXO I

Modelo de proposición

D...., con domicilio na rúa... nº..., teléfono..., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en representación de DNI ou CIF nº..., e con domicilio en... nº de teléfono...), toma parte no concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de... e para estes efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de... A, que significa unha baixa de... A, en relación co tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións deste contrato.

3) Que se compromete a efectua-las melloras sobre a proposta presentada pola Administración, que se sinalan..., e que se compromete á realización de unidades de obra adicional, que determinará a Administración por un importe total de... (en letra e número... A), valoradas ós prezos unitarios figurados no proxecto, é dicir, a prezos de execución material.

4) Que achega a documentación esixida no prego de condicións.

En..., ... de... de 2002.

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo de sobre

Proposición para tomar parte na contratación das obras de... presentada por: ...

En..., ... de... de 2002.

O licitador (asinado e rubricado).