Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.526

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de execución de sentencias da UE I-05 Rosalía de Castro, 1.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 4 de xullo de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Executa-la sentencia firme do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, número 784/1997, do 19 de xuño, dictada no recurso contencioso-administrativo número 2/4834/1994, tendo por anunlada parcialmente a ficha de características da unidade de execución I-05 Rosalía de Castro-1, do vixente Plan Xeral de Ordenación Urbana do 29 de abril de 1993 (PXOU-93), no sentido de suprimi-lo seu último inciso, no que se estableceu que: a explotación do citado aparcamento corresponderá á Xunta de Compensanción. (Expediente 7703/411).

Segundo.-Executa-la sentencia firme do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 494/1996, do 20 de xuño, dictada no recurso contencioso-administrativo 2/5337/1994, tendo por anulado o estudio de detalle da UE I-05 Rosalia de Castro-1, apro

bado definitivamente por acordo do Pleno do Concello do 31-8-1994; declarando autosuficiente as determinacións do PXOU-93, para a ordenación directa do ámbito.

Terceiro.-Executa-la sentencia firme do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, número 32/1997, do 16 de xaneiro, dictada no recurso contencioso-administrativo 2/4471/1994, e en consecuencia:

Ter por anuladas as bases de actuación sétima e sexta.1.e) da referida unidade de execución, aprobadas definitivamente por acordo do pleno municipal do 23 de decembro de 1993.

Ter por anulada parcialmente a base de actuación sexta.1.c) in fine, no sentido de suprimir como carga de urbanización imputable á Xunta de Compensación o custo de construcción do aparcamento no subsolo das rúas Rosalía de Castro e República Arxentina.

Declara-la conservación, plena validez e eficacia do resto dos estatutos e bases de actuación.

Cuarto.-Requeri-la Xunta de Compensación da UE 1-05 Rosalía de Castro-1, para que no prazo máximo de tres meses presente nesta Administración municipal un novo proxecto de compensación e proxecto de urbanización axustados ó sinalado na parte expositiva deste acordo. Os ditos instrumentos urbanísticos serán tramitados segundo o procedemento regulado nos artigos 44.3º, 133.8º e 102 Lei 1/1997, do 24 de marzo (LSG).

Quinto.-Que a Xerencia Municipal de Urbanismo (Oficina de Licencias) inicie os trámites de revisión de oficio da licencia de actividades e instalacións concedida o 16 de febreiro de 1996, pola Comisión de Goberno á entidade Parking Rosalía de Castro, S.L. para a explotación do aparcamento subterráneo litixioso. Nese procedemento deberá abrirse un trámite de audiencia dos afectados.

Sexto.-Notifíquese este acordo ó Rexistro da Propiedade número 1 de Vigo para que proceda a efectua-las anotacións marxinais e rectificacións rexistrais derivadas das sentencias firmes descritas na súa parte expositiva.

Sétimo.-Notifíquese este acordo á Xunta de Compensación, entidade Parking Rosalía de Castro, S.L. e demais interesados, coa advertencia de que contra este cabe interpor, alternativamente, recurso de reposición ante esta Administración municipal no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses. Notifíqueselle tamén ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, e departamentos municipais de licencias de apertura e actividade, asesoría xurídica, patrimonio, contratación e intervención. Publíquese no BOP e no DOG.

Contra o dito acordo, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer, alternativamente, recurso de reposición ante a Administración municipal no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administratrivo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio do presente anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do Concello, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 15 de xullo de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo