Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

ANUNCIO.

Obxecto: é a contratación, por concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, das obras que se indican a seguir:

Obra: Pavillón Central Centro Cultural Aresano.

Orzamento: 71.610,86 euros.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Plan de Infraestructuras 2000.

Obra: Pavillón Central Centro Cultural Aresano.

Orzamento: 97.431,36 euros.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

P.O.S. anualidade 2000.

Obra: remate Escolas Aresanas.

Orzamento: 51.105,89 euros.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Obra municipal.

Pregos e proxectos: rexerá o prego de condicións tipo aprobado por acordo da deputación provincial o día 30 de marzo de 2001, publicado no BOP nº 78, do 4 de abril de 2001, que poderá ser examinado conxuntamente co proxecto na secretaría do concello, durante o prazo de presentación de proposicións e en horas de oficina.

Presentación de proposicións: no rexistro xeral de entrada de documentos do concello, en horas de nove a trece, dentro do prazo dos trece días naturais seguintes, contados desde o día seguinte ó da presente publicación no BOP, en dous sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Apertura de proposicións: en acto público, ás trece horas do quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións (se coincidise en sábado trasladaríase ó primeiro día hábil seguinte).

Proposicións: presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

«D./Dª..., con enderezo en..., rúa..., nº..., teléfono... , con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº..., actuando en nome propio (ou en representación de..., DNI ou CIF nº..., e con enderezo en... nº..., teléfono...), toma parte no concurso con procedemento aberto para a adxudicación da exe

cución das obras comprendidas no proxecto de..., e para tales efectos fai constar:

1º Que ofrece o prezo de..., que significa unha baixa de..., en relación co tipo de licitación.

2º Que coñece e acepta cantas obrigas deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

3º Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En..., ... de... de 2002.

O licitador (asinado e rubricado)».

Modelo de sobre: «Proposición para tomar parte na contratación das obras de...

En..., ... de... de 2002».

Os gastos derivados do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Ares, 12 de xullo de 2002.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde-presidente