Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2002 pola que se anuncia, polo procedemento aberto e mediante concurso, un contrato de subministración, consistente na adquisición de material para o Laboratorio de Consumo de Galicia.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Obxecto do contrato: adquisición de material para o Laboratorio de Consumo de Galicia.

Prazo de execución: 30 días desde o seguinte á sinatura do contrato.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: 22.000 A

Garantía: provisional, 2% do orzamento (440 A).

Obtención de documentación: Instituto Galego de Consumo, servicios provinciais de Consumo, oficinas de Consumo e na Internet, na páxina da Xunta de Galicia.

Domicilio: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Teléfono: 981 54 45 12.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Instituto Galego de Consumo, servicios provinciais de Consumo, oficinas de Consumo ou por correo, sempre que se cumpra o establecido no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Domicilio: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Apertura de ofertas: Instituto Galego de Consumo.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. De coincidir este en sábado ou día inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: 11 horas.

Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2002.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo