Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2002 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, dun contrato de subministración dun vehículo do grupo A para o servicio do conselleiro de Industria e Comercio. (Expediente 5/2002 SX).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Número de expediente: 5/2002 SX.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: subministración dun vehículo do grupo A para o servicio do conselleiro de Industria e Comercio

Prazo de execución: cinco días a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: o orzamento máximo autorizado para esta contratación é de corenta e oito mil oitenta euros con noventa e sete céntimos (48.080,97 euros), IVE incluído, tendo en conta que parte do prezo se pagará en especie coa entrega dun vehículo Peugeot 605 valorado en cincocentos corenta euros con noventa e un céntimos (540,91 euros)

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación do contrato (961,62 euros)

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 54 48.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económica financeira, de conformidade co artigo 16.1º a) do TRLCAP, mediante informe de institucións financeiras. Se por razóns xustificadas un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acredita-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada suficiente pola Administración.

Así mesmo, a solvencia técnica acreditarase, de conformidade co artigo 18.a) do TRLCAP, mediante unha relación das principais subministracións efectuadas durante os tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinos públicos e privados, á que incorporarán os correspondentes certificados sobre estes.

Lugar de presentación:

Entidade: rexistro da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5 -4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme co artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes: (concurso): non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª Planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións caera en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: dez horas.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2002.

P.D. (Orden 20-12-2001, DOG número 250)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL