Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 11 de setembro de 2002 Páx. 13.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/74-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Telefónica Móviles España, S.A. e dous máis.

Domicilio social: rúa do Vinteún (pr. Mil), 10, baixo, 32001 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., estación telefonía móvil en Regueiro.

Situación: Esgos.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 663 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Pinto-Esgos e remata no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V para telefonía móvil en Regueiro. Rede de baixa tensión aéreosubterránea (440 m, máis 25 m) desde o C.T. ata a estación de T.M.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 31 de xullo de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense