Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2002 mediante a que se anuncia poxa urxente para a contratación das obras do proxecto modificado número 2 do proxecto básico e de execución de rehabilitación do Pazo de Guizamonde.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Negociado de Infraestructuras.

1.3. Número de expediente: ref. 1455.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: poxa, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación das obras do proxecto modificado nº 2 do proxecto básico e de execución de rehabilitación do Pazo de Guizamonde.

2.2. Prazo de execución: a execución do contrato comezará coa acta de comprobación do planeamento e as obras deberán quedar totalmente rematadas no prazo de 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base da licitación:

4.1. Importe total: 188.983,92 A, IVE incluído.

5. Fianzas:

5.1. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: Negociado de Infraestructuras.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade e que teñan a seguinte clasificación: grupo C, subgrupo 3, categoría d; grupo K, subgrupo 7, categoría d.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 5, do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sita na praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: vinte días, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 30 de agosto de 2002.

José Luis Rodríguez Cid

Alcalde en funcións