Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2002 pola que se anuncia poxa á alza, aberta e ordinaria, para o alleamento das parcelas municipais números once e doce da zona 4 do SU-32.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Negociado de Infraestructuras.

1.3. Número de expediente: 580/2002.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: alleamento, mediante poxa á alza aberta e ordinaria, das parcelas municipais nº 11 e 12 da zona 4 do SU-32.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: poxa.

4. Orzamento base da licitación.

4.1. Importe total: 2.767.660,50 A, máis IVE.

5. Fianzas.

5.1. Provisional: 55.353,21 A, correspondente ó 2% do importe da licitación.

6. Obtención da documentación e información.

6.1. Entidade: Negociado de Infraestructuras.

6.2. Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 38 81 33.

7. Requisitos.

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obras e non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOP ou DOG, das 9 ás 13 horas.

8.2. Documentación para presentar: a que se sinala no artigo 7, do prego de cláusulas administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello, sito na Praza Maior, 1.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

9.1. Entidad: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: Praza Maior, 1.

9.3. Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 2 de agosto de 2002.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde