Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.453

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/86-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Velle-A Batundeira, 2, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T.S., C.T., rúa de Ourense, 108.

Situación: Xinzo de Limia.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV, de 392 m lonxitude, derivada da L.M.T. subterránea ó C.T. Pombal e remata no C.T. proxectado con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V, na planta baixa do edificio nº 108 da rúa de Ourense.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 16 de xullo de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense