Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Velle-A Batundeira, 2, 32960 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Vilar de Senra, Santa Cruz.
Situación: Chandrexa de Queixa.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 85 m lonxitude, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Taboazas e remata no C.T. proxectado aéreo en Quinta, con 50 kVA, R/T, 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión derivadas do C.T.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 16 de xullo de 2002.
Ramón Fernández-Linares Bouza
Delegado provincial de Ourense