Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 10 de setembro de 2002 Páx. 13.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T., C.T. e R.B.T. Astariz-Freás, no concello de Castrelo de Miño (Ourense). (Expediente IN407A 01/73-3 A.T.).

Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ A Bantudeira, nº 2 Velle; 32960 Ourense, solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

As alegacións presentadas na fase de información pública, a contestación da empresa beneficiaria, e a resolución adoptada en cada caso, indícanse a continuación:

-Jaime Fontanes Feijoo alega erro na titularidade do predio nº 2 da L.M.T. Prado-Olivar, lugar denominado A Pedreira, xa que figura a nome de Comunal de Vide cando corresponde á Comunidade de Montes en Man Común de Castrillo, Cal e Cruz, que el representa; disto queda informada a empresa beneficiaria para que no momento procedemental oportuno se acredite documentalmente a dita titularidade.

-Tómase nota igualmente da representación que de María Méndez González, predios nº 1 e 46A da relación de afectados, posúe Benigno Moure Cortés -Fundación San Rosendo-, para posteriores notificacións.

-As discrepancias en canto á valoración alegadas por David López Martínez, predio número 25-L, serán resoltas polo órgano competente, unha vez finalizado o expediente de prezo xusto que se inicia co levantamento de actas previas á ocupación, acto para o que serán citados oportunamente os afectados.

-Non se acepta o cambio de trazado proposto por Luis González López, predios nº 28 e 32 da L.M.T. ó C.T. de Astariz, xa que a variante, que deixaría fóra da afección as súas propiedades, afectaría os novos propietarios que non están incluídos no presente expediente, os que se poderían manifestar en igual sentido. A instalación proxectada é a máis conveniente, segundo o autor do proxecto, no seu intento de lograr unha solución óptima ó conxunto da instalación, artigo 4 do Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento técnico de liñas eléctricas aéreas de alta tensión.

-Antonia Rodríguez Míguez alega que é titular dunha vivenda en Freás que está adscrita ó predio nº 4 da relación de afectados (L.M.T. ó C.T. de Freás) e que se sitúa unicamente a 5 m de distancia daquela; considera que se dan as condicións fixadas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, de limitacións á constitución de servidume de paso, polo que solicita que se realice variante aproveitando instalación existente ou ben que se faga soterrada por camiños públicos. Estas alegacións desestímanse xa que a vivenda en cuestión e o predio afectado pola instalación eléctrica están separadas por camiño público de acceso ó núcleo urbano de Freás, polo que neste caso non existen as prohibicións que se sinalan no mencionado artigo, o trazado proxectado é axeitado para os fins que se perseguen, como se indica no parágrafo anterior, e ademais o orzamento das variantes propostas incrementaría en máis dun 10% ó da parte afectada, polo que non é aceptado pola empresa eléctrica ó incumprir, así

mesmo, o sinalado polo dito artigo 161.

Visto sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, obsérvase que naquela non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso ás que se refire o artigo 161 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Polo que se respecta á tramitación ambiental cumpriuse co requirido polo Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, na súa redacción dada pola Lei 6/2001, do 8 de maio. Logo da presentación polo promotor do correspondente estudio de incidencia ambiental e do informe arqueolóxico, o órgano competente, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, emitiu Resolución do 15-5-2002, mediante a cal considera que non procede para este proxecto a tramitación ambiental singularizada. Malia iso, deberanse cumprir tódalas medidas protectoras e correctoras propostas nos estudios indicados.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das compe

tencias atribuídas polo Real decreto 1955/2000 e polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro (DOG do 16-2-2001),

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que se conta cos seguintes datos básicos para un orzamento total de 188.081,38 euros (29.310.148 ptas.), no que se inclúe o anexo ó proxecto presentado pola empresa o 28-6-2001 nesta delegación provincial:

-Liña eléctrica aérea a 20 kV, Prado-Olivar, de 3.190 m, en conductor LA-56 sobre apoios de formigón, treito comprendido entre os apoios de derivación á L.M.T. de Prado e o apoio nº 27.

-Liñas eléctricas, das mesmas características cá anterior, con inicio na L.M.T. Prado-Olivar e final respectivamente nos centros de transformación de Astariz (811 m); Freás (44 m); e conexión con C.T. particular en Astariz (46 m).

-C.T. intemperie de 100 kVA e r/t 20.000/380-220 V de Freás; reforma do C.T. en caseta en Astariz; e redes de baixa tensión en apoios de formigón e conductor tipo R.Z. de Astariz (1.405 m) e Freás (2.305 m).

Segundo.-Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, dea comenzo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 29 de xuño de 2001, que se publicou no DOG do 3 de setembro, no BOP de Ourense do 4 de agosto e no xornal La Región do 20-7-2001.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 14 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 12 de xullo de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense