Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión extraordinaria celebrada o día 18 de xullo de 2002, aprobou a contratación por concurso, en procedemento aberto, da obra de acondicionamento e mellora da estrada que vai desde Os Remedios por Maariz a Sasdónigas, pola contía de 64.484 euros (IVE incluído).

Presentación de proposicións: na secretaría do concello, de 9 a 14 horas, durante o prazo de 26 días naturais contados desde a última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Clasificación do contratistas: E-6-b.

Apertura de proposicións: na Casa do Concello ás 13 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate de presentación de proposicións. Se coincide en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

Exposición do expediente: o prego de cláusulas administrativas e o resto da documentación do expediente poderase examinar na secretaría do concello en horas de oficina.

Mondoñedo, 22 de xullo de 2002.

Luis Rego Valcarce

Alcalde