Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.421

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOBORÁS

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, na sesión extraordinaria do Pleno do día 12 de agosto de 2002, logo de dictame favorable da comisión permanente de estudio, informe ou consulta de materias de competencia municipal, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación por concurso da obra de abastecemento e saneamento en Moreiras e Fonte Moreiras (obra nº 200/0/POL/02), o cal se expón ó público por un prazo de catro días, contados a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, para que poidan presentar reclamación.

Simultaneamente anúnciase concurso público, polo trámite urxente, aínda que a licitación se aprobará cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Boborás.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato. Descrición:

a) Execución da obra de abastecemento e saneamento en Moreiras e Fonte Moreiras, obra nº 200/8/POL/2002, conforme o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro agrónomo Pablo Millán Trillo; o prazo de execución por contrata é de 4 meses e o tipo de licitación é de 108.159 euros.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías:

a) Provisional: 2%.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación da obra, incrementada co 4% do orzamento de execución por contrata das melloras ofertadas, se é o caso.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Boborás.

b) Domicilio: Cristóbal Colón.

c) Localidad: Boborás. C.P. 32514 (Ourense).

d) Teléfono: 988 40 20 08. Fax: 988 40 21 08.

e) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prezo de presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista: non se esixe clasificación.

7. Presentación de ofertas para participar na citada contratación: dentro dos trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último día coincide en sábado, domingo ou festivo, enténdese automaticamente que o último día do prazo se cumprirá o seguinte día hábil inmediato posterior.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 8.

c) Lugar de presentación: Concello de Boborás.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Boborás.

b) Data: 20 horas do primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que o dito día coincida en sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar á mesma hora o primeiro día hábil posterior.

9. Gastos de anuncios e carteis:

9.1. Os gastos deste anuncio no BOP e no Diario Oficial de Galicia, así como en calquera medio de comunicación serán por conta do adxudicatario.

9.2. Os custos de confección e instalación de carteis informativos desta obra do POL/2002 serán por conta do adxudicatario, e cumprirán coas indicacións precisas ás instruccións do MAP.

Boborás, 13 de agosto de 2002.

P.D.

O primeiro tenente de alcalde

Rubricado