Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Luns, 09 de setembro de 2002 Páx. 13.388

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 23 de xullo de 2002 pola que se resolve a concesión de apoio ós concellos galegos na cesión de vestimenta de protección civil.

Por Orde do 3 de maio de 2002, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais anunciou medidas de apoio ós concellos galegos, consistentes na cesión de vestimenta de protección civil.

Os servicios provinciais de protección civil, unha vez analizadas as solicitudes e a súa documentación, emitiron o correspondente informe técnico, segundo se indica no artigo 5 da Orde do 3 de maio, que foi tido en conta pola comisión de avaliación para face-la proposta de resolución e de conformidade co disposto no artigo 7º da referida orde,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 13.04.231A.623.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, a concesión de apoio ós concellos galegos na cesión

de vestimenta de protección civil ós concellos da provincia da Coruña: Abegondo, Boimorto, Cambre, Cedeira, Culleredo, Curtis, Fisterra, Melide, Muros, Narón, Negreira, Paderne, Padrón, Rianxo, Sada e Val do Dubra; da provincia de Lugo: Meira, A Pobra de Brollón e Valadouro; da provincia de Ourense: Baltar, Barbadás, Coles, Calvos de Randín, Chandrexa de Queixa, A Mezquita, A Rúa, San Cibrao das Viñas, Vilar de Barrio, e Xinzo de Limia; e da provincia de Pontevedra: Bueu, Moaña, A Illa de Arousa, Portas, Salceda de Caselas, Soutomaior, Tui e Vila de Cruces.

Segundo.-O contido desta resolución notificaráselles ós concellos beneficiarios.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais