Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

EDICTO.

Aprobado inicialmente na sesión da Comisión de Goberno do 27 de agosto de 2002 o proxecto de urbanización da unidade de execución número 1 (UE-1) do PXOU de Celanova, redactado polo arquitecto Miguel Ángel Calvo Salve, promovido pola Xunta de Compensación da citada UE-1, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG, podendo ser examinada a documentación durante o devandito período e formula-las alegacións e reclamacións que se estimen pertinentes.

O anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas, para tódolos propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultar descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non puideron ser notificados persoalmente.

Celanova, 28 de agosto de 2002.

O alcalde accidental

Rubricado