Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

EDICTO.

Aprobado inicialmente pola Xunta de Compensación da Unidade de Execución número 1 (UE-1) do PXOU de Celanova, na Asamblea Xeral do 22 de xullo de 2002, o proxecto de compensación da devandita UE-1, redactado polo arquitecto Miguel Ángel Calvo Salve, sométese a información pública polo prazo de vinte días, contado a partir do seguinte ó da insercción deste anuncio no DOG, podendo ser examinada a documentación durante o devandito período e formula-las alegacións e reclamacións que se estimen pertinentes.

O anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas, para tódolos propietarios ou interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non puideron ser notificados persoalmente.

Celanova, 28 de agosto de 2002.

O alcalde accidental

Rubricado