Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 2002 referente á convocatoria de diversas prazas de persoal laboral fixo e funcionario de carreira.

No BOP da Coruña número 153, de data 5 de xullo de 2002, aparecen publicadas integramente as bases que deberán rexe-las convocatorias das seguintes prazas:

Persoal laboral fixo.

Auxiliar administrativo: nº de prazas: cinco (5). Procedemento: oposición libre. Quenda libre.

Administrativo: nº prazas: tres (3). Procedemento: oposición libre. Quenda libre.

Traballador social (asistente social): nº de prazas: unha (1). Procedemento: oposición libre. Quenda libre.

Persoal funcionario de carreira.

Axente de rendas: nº de prazas: unha (1) (grupo C). Escala de administración especial. Subescala: administrativo. Procedemento: concurso de méritos. Quenda libre.

Xefaturas de sección (unha adscrita a licencias e aperturas e outra á secretaría xeral): nº de prazas: dúas (2) (grupo C). Escala de administración xeral. Subescala: administrativo. Procedemento: concurso de méritos. Quenda libre.

Técnico Superior Persoal e RR.HH.: nº de prazas: unha (1) (grupo A). Escala de administración especial. Subescala: técnico. Procedemento: oposición libre. Quenda libre.

Administrativos: nº de prazas: dúas (2) (grupo C). Escala de administración xeral. Subescala: administrativo. Procedemento: concurso de méritos. Quenda promoción interna.

As instancias polas que se solicita participar nos correspondentes procesos selectivos presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases, no rexistro xeral do concello, dirixidas ó alcalde-presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no BOP da Coruña no taboleiro de edictos do Concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 8 de xullo de 2002.

Manuel Pose Miñones

Alcalde