Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para o arrendamento dunha estación combinada aire-nitróxeno para o Laboratorio de Saúde Pública de Lugo (C/243-2002).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: División Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: S/243-2002.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: arrendamento dunha estación combinada aire-nitróxeno para o Laboratorio de Saúde Pública de Lugo.

Número de unidades que se van entregar: unha.

a) División por lotes e número: non hai.

b) Lugar de entrega: Laboratorio de Saúde Pública de Lugo.

c) Prazo de entrega: 1 mes para a entrega e posta en funcionamento.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: noventa e dous mil oitocentos con trinta e dous euros (92.800, 32 euros).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Consellería de Sanidade. Edificio administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18 y telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade (ver punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data da presentación de ofertas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar ás 9 horas A.M. na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), do terceiro día contado desde a finalización de presentación das ofertas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo ascende a mil doucentos dous euros (1.202 euros).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria onde poden obterse os pregos: www.sergas.es.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos