Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de transformación en regadío da comarca da Limia (Ourense).

En cumprimento do disposto no acordo do 29 de maio de 2002 desta dirección xeral, polo que se establece o procedemento de tramitación de urxencia no procedemento de avaliación de impacto ambiental do citado proxecto, reducíndose á metade os prazos de tramitación, o órgano ambiental somete o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o prazo de 15 días.

Na súa virtude:

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de impacto ambiental do proxecto de transformación en regadío da comarca da Limia (Ourense).

2. Para os devanditos efectos informativos poranse, á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.

-Delegación Provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

3. As alegacións formularanse formularanse durante o prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2002.

P.D.

Ángel García Arias

Subdirector xeral de Avaliación Ambiental