A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites adminis
trativos correspondentes, resolveu anuncia-los concursos que a seguir se citan:
-Obxecto: restauración da cuberta do deambulatorio, carpintería exterior e drenaxe perimetral da igrexa do mosteiro de Oseira, San Cristovo de Cea (Ourense).
Orzamento base de licitación: douscentos once mil cincocentos setenta e nove euros con corenta e seis céntimos (211.579,46 A), IVE incluído.
Prazo de execución: nove (9) meses.
Clasificación: grupo K, subgrupo 7, categoría c.
-Obxecto: reparacións urxentes na ponte da Ramallosa, Nigrán-Baiona (Pontevedra).
Orzamento base de licitación: cincuenta e nove mil oitocentos corenta e seis euros con corenta e catro céntimos (59.846,44 A), IVE incluído.
Prazo de execución: dous (2) meses.
Clasificación: grupo K, subgrupo 7, categoría c.
-Obxecto: restauración no interior da igrexa do mosteiro de San Clodio, Leiro (Ourense), 2ª fase.
Orzamento base de licitación: cento trinta e un mil oitocentos dezanove euros con cincuenta e sete céntimos (131.819,57 A), IVE incluído.
Prazo de execución: seis (6) meses.
Clasificación: grupo K, subgrupo 7, categoría c.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
b) Dependencia que tramita os expedientes: Secretaría Xeral.
2. Obxecto dos contratos.
a) Tipo de contratos: obras.
b) Descrición dos obxectos: os arriba indicados para cada expediente.
c) Prazo de execución: os arriba indicados para cada expediente.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: os arriba indicados para cada expediente.
5. Garantías.
a) Provisional: non se esixe.
b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os proxectos de obras poderán ser examinados no
Servicio de Obras e Contratación (teléfono 981 54 48 23) da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nas delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, e solicitarse no teléfono 981 58 89 38.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a estas contratacións nos seguintes enderezos da Internet:
http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1652 (mosteiro de Oseira).
http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1656 (ponte da Ramallosa).
http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=1655 (mosteiro de San Clodio).
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: a indicada para cada expediente.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares. As empresas que licitan a máis dunha contratación deberán presentar toda a documentación (sobres A, B, C) para cada un dos contratos.
c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados en horario de 9 a 14 horas. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura das proposicións.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (sala de xuntas), San Caetano s/n, Santiago de Compostela.
b) Data e hora: a partir das 11 horas do oitavo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.
10. Gastos do anuncio: por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2002.
P.D. (Orde 15-12-1997)
Andrés González Murga
Secretario xeral da Consellería de Cultura,
Comunicación Social e Turismo