Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 06 de setembro de 2002 Páx. 13.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución de recurso de alzada contra o acordo de concentración parcelaria da zona dos Blancos (Os Blancos, Ourense), devolta polo servicio de correos.

Pola presente resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle á interesada que ten os datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución do recurso de alzada interposto por ela mesma, Rosa Pérez Lama, contra o acordo de concentración parcelaria da zona dos Blancos (Os Blancos, Ourense).

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2002.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinataria: Rosa Pérez Lama.

Domicilio: Doctor Cabaleiro, 5-3º dereita, Ourense, 32005.

Texto: «Desestima-lo recurso que, contra o acordo de concentración parcelaria da zona dos Blancos (Os Blancos, Ourense), interpuxo Rosa Pérez Lama, en representación de Rosa Pérez Lama e outros, propietario número 768.

A presente resolución ponlle fin á vía administrativa e contra esta cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional competente no prazo de dous meses contados a partir da recepción da presente resolución, de conformidade co establecido nos artigos 43 da Lei de concentración parcelaria para Galicia e 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro que estimen pertinente.

Notifíqueselles ós interesados na forma prevista na lexislación vixente».

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO