Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 05 de setembro de 2002 Páx. 13.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 29 de agosto de 2002, tomou razón e prestou a súa conformidade ó documento do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal, de agosto de 2002, elaborado polo equipo redactor-adxudicatario Monteoliva Arquitectura, S.L., acordando simultaneamente abrir un trámite de información pública, que se iniciará coa publicación no xornal La Voz de Galicia e rematará concluído un mes desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, para que as entidades e os particulares poidan suxeri-lo que consideren oportuno e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que coiden procedentes, todo iso para efectos do previsto no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Oroso, 30 de agosto de 2002.

Manuel Mirás Franqueira

Alcalde