Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 05 de setembro de 2002 Páx. 13.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUNTÍN

EDICTO.

Aprobado inicialmente o prego de cláusulas económico-administrativas que rexerá na contratación que se menciona neste edicto, faise público que poderán ser obxecto de exame e reclamacións, na secretaría deste concello, durante o período de catro días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, de conformidade co establecido no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Igualmente, e coa excepción do disposto no artigo 122.2º do 781/1986, anúnciase a contratación dos traballos de construcción do centro socio-cultural, xuvenil e da terceira idade no Concello de Guntín (IV fase).

1. Obxecto do contrato: a realización por procedemento aberto e trámite de urxencia, mediante a forma de concurso, de acordo co proxecto técnico e coa súa desagregación (cuarta fase), redactado polo arquitecto Marcos Parga Prado.

2. Orzamento base de licitación: 125.634,78 euros, no que se inclúen o beneficio industrial, os gastos xerais, fiscais, a dirección da obra e o IVE.

3. Prazo de execución das obras: as obras executaranse no prazo máximo sinalado para cada anualidade (os prazos máximos de execución das obras segundo anualidades serán: anualidade 2002: 30 días, anualidade 2003: 55 días e anualidade 2004: 30 días. Na primeira, en todo caso, antes do 15 de novembro).

4. Garantías: os licitadores deberán constituír unha garantía provisional equivalente ó 2% do tipo de licitación.

A garantía definitiva establécese no 4% do tipo de adxudicación.

5. Clasificación esixida: grupo C, subgrupos C3, C4, C5 e C9, categoría B.

6. Obtención da documentación e información:

-Entidade: Concello de Guntín, estrada de Santiago, nº 12. CP 27211. Teléfono: 982 32 00 01. Fax: 982 32 00 88.

-Data límite de presentación da información: día hábil anterior ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Prazo de presentación de proposicións: trece días naturais (13) seguintes á publicación desta convocatoria no BOP e DOG, das 10 ás 14 horas. Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

8.1. Documentación que se presentará: a que sinala o prego de condicións.

8.2. Lugar de presentación: Concello de Guntín (rexistro xeral, das 10 ás 14 horas).

Admítense as propostas presentadas por correo, dentro do mesmo prazo, pero o empresario deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos, anunciándolle ó concello a remisión de oferta mediante fax, télex ou telegrama, no mesmo prazo.

Igualmente serán admitidas aquelas que o efectúen nos organismos regulamentariamente establecidos para o efecto, debendo, en todo caso, notificalo na forma sinalada anteriormente.

8.3. Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

8.4. Apertura de proposicións: ás 12 horas do terceiro día hábil (agás sábados) a aquel no que termine o prazo de presentación de proposicións.

9. Outras informacións: sede do concello (secretaría).

Guntín de Pallares, 26 de xullo de 2002.

Jesús Carreira Ferreiro

Alcalde