Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 05 de setembro de 2002 Páx. 13.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

Polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o 29-8-2002, acordouse prestar aprobación inicial, coas modificacións sinaladas no texto íntegro do acordo aprobatorio, ó Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Arteixo, redactado por CIISA.

Ó mesmo tempo acordouse somete-lo citado plan xeral a información pública polo prazo legalmente establecido, durante o cal poderá ser examinado, na Casa do Concello, por calquera persona para formula-las alegacións ou observacións que considere pertinentes.

Para a estes efectos o período de información pública finalizará transcorrido un mes desde o día seguinte ó da publicación do último dos anuncios que se inserirán no Diario Oficial de Galicia, BOP e no diario La Voz de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición en todo o termo municipal excepto:

-No solo clasificado como urbano polas actuais normas subsidiarias de planeamento do Concello de Arteixo.

-Nas zonas dos núcleos rurais non incluídas no ámbito de plans especiais de mellora de núcleos rurais.

Poderanse redactar, tramitar, aprobar e desenvolver ata a materialización das súas determinacións, incluso urbanización e edificación, os plans de

desenvolvemento previstos nas vixentes normas que afectan a solos aptos para urbanizar e tamén os plans especiais previstos nelas.

Arteixo, 30 de agosto de 2002.

Manuel Pose Miñones

Alcalde