Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 05 de setembro de 2002 Páx. 13.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2002 pola que se renova a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Corcontrol, S.A., con domicilio no polígono industrial de Bergondo, rúa Lubre, parcela G-14, 15165 Bergondo (A Coruña).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os

artigos 12.h e 18.3.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), esta dirección xeral

RESOLVEU:

Renova-la acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Corcontrol, S.A. con domicilio no polígono Industrial de Bergondo, r/ Lubre, parcela G-14 15165 Bergondo (A Coruña), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:

HA - Área de control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes. Cemento, áridos, auga, aceiro para armaduras, adicións e aditivos co número 15027HA02.

SE - Área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo co número 15028SE02.

ST - Área de toma de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos, co número 15047ST02.

SV - Área de solos, áridos, mesturas bituminosas e os seus materiais constituíntes en viais co número 15056SV02.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2002.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo