Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 05 de setembro de 2002 Páx. 13.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 15 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de reintegro do 12 de xuño de 2002 das axudas á iniciativa local de emprego do expediente administrativo FM 340B-Reintegro 2002/2-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 21-7-1998 (DOG nº 152, do 7 de agosto), publícase:

1º Expediente de reintegro: FM 340B-Reint.2002/2-5.

Expediente de xestión: FM 340B-1998/2-5.

Orde da convocatoria: 27 de abril de 1998 (DOG da 30 de abril).

Interesado: Carlos Castro López.

Enderezo: r/ Prata, 116-baixo 36800 Redondela (Pontevedra).

Asunto: resolución por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de data do 12 de xuño de 2002, ó abeiro da Orde do 21-7-1998.

Resolución:

«Examinado o expediente FM 340B-Reint.2002/2-5 de reintegro das axudas ou subvencións concedidas a Carlos Castro López, resultan os seguintes:

Antecedentes:

I. A comprobación da baixa dos traballadores da empresa na Seguridade Social motivou o inicio do procedemento de reintegro das axudas percibidas como iniciativa local de emprego.

II. O 21-3-2002 acordouse inicia-lo procedemento de reintegro, sen que ata esta data o interesado acreditara a substitución da traballadora María Sol Vázquez Afonso nas condicións esixidas pola orden reguladora das axudas.

Fundamentos:

I. O artigo 11.1º da Orde do 27 de abril de 1998 (DOG do 30), pola que se regula o réxime de axudas e subvencións ás iniciativas locais de emprego para o exercicio 1998, obriga o beneficiario, durante os tres anos seguintes á data da incorporación á empresa, a substituí-lo traballador polo que se concedese a subvención, dentro do mes seguinte ó da baixa.

II. A disposición adicional segunda da citada orde establece que o incumprimento total ou parcial de calquera das condicións establecidas constituirá causa determinante da revogación e do reintegro da axuda por parte do beneficiario, xunto cos xuros de demora, de acordo co establecido no artigo 78.6º

da Lei 11/1992, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

RESOLVO:

Declara-la procedencia de reintegro por parte de Carlos Castro López da cantidade de 3.918,95 euros (652.059 pesetas), concedida na resolución desta delegación provincial do 29-12-1998 en concepto de subvención á creación directa do emprego estable de María Sol Vázquez Afonso.

Os órganos competentes da Consellería de Economía e Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, forma e prazo do ingreso da referida cantidade, así como a liquidación dos xuros de demora, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Contra a presente resolución o interesado poderá interpoñer, ó abeiro dos artigos 107.1º, 114 e 115 de Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14), recurso de alzada ante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da presente notificación.

Vigo, 12 de xuño de 2002. P.D. Delegado provincial. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez.»

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Fomento do Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

Vigo, 15 de xullo de 2002.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra