Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 04 de setembro de 2002 Páx. 13.260

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ANUNCIO.

O director da Fundación Pública Hospital da Barbanza abre o proceso de recepción de ofertas para a contratación dos seguintes servicios:

* Contratación do servicio de transporte sanitario da fundación (ref. CSE 001/02).

Orzamento anual estimado: 123.100 euros.

Apertura de proposicións: ás 10 horas do día 24 de setembro de 2002, na sala de xuntas da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

* Contratación do servicio de televisións nos cuartos de hospitalización da fundación (ref. CSE 004/02).

Canon mínimo anual: 6.000 euros.

Apertura de proposicións: ás 11.30 horas do día 24 de setembro de 2002, na sala de xuntas da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

A documentación completa das condicións técnicas, económicas e contractuais pódese recoller na Fundación Pública Hospital da Barbanza, Servicio de Administración, lugar de Salmón-Oleiros, s/n, 15993 Ribeira (A Coruña), das 9 ás 14 horas, e consultar na páxina www.sergas.es. Poderán presentarse ofertas ata as 14 horas do día 16 de setembro de 2002.

Ribeira, 2 de setembro de 2002.

Salustiano González Vinagre

Director da Fundación Pública Hospital da Barbanza