Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 04 de setembro de 2002 Páx. 13.260

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE FOMENTO

NOTA-ANUNCIO.

Con data do 18 de abril de 2002, a Secretaría de Estado de Infraestructuras resolveu aprobar tecnicamente o estudio informativo do proxecto de melloras na rede ferroviaria galega. Variante da Pobra de San Xiao.

En virtude da aprobación técnica do estudio informativo e conforme o disposto no artigo 228.2º do vixente regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, sométese a información pública o dito estudio informativo por un período de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio nos boletíns oficiais pertinentes, para ser examinado polas persoas que o desexen, as que poderán formular observacións que deberán versar sobre as circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral das obras, sobre a concepción global do seu trazado e sobre a avaliación do impacto ambiental.

A información pública é o tamén para os efectos medioambientais indicados no procedemento de avaliación do impacto ambiental regulado polo Real decreto lexislativo 1302/1986, de avaliación do impacto ambiental e o seu regulamento de aplicación (artigo 15).

O estudio informativo do proxecto estará exposto ó público en días e horas hábiles de oficina, na Área de Fomento da Delegación do Goberno en Galicia (avenida da Mariña, número 23, A Coruña), na Subdelegación do Goberno en Lugo (r/ Armañá, número 10, Lugo) e na Dirección Xeral de Ferrocarrís do Ministerio do Fomento (praza dos Sagrados Corazóns, número 7, planta baixa, Madrid).

Así mesmo, nos concellos de tódolos termos municipais afectados polo trazado estará á disposición dos interesados unha separata-extracto do estudio informativo do proxecto no que afecte ós ditos municipios.

As alegacións que se formulen irán dirixidas á Subdirección Xeral de Plans e Proxectos de Infraestructuras Ferroviarias, praza dos Sagrados Corazóns, 7, 28071 Madrid, indicando como referencia Información Pública e Oficial. Variante da Pobra de San Xiao.

Madrid, 8 de xullo de 2002.

Manuel Niño González

Director xeral de Ferrocarrís