1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos, edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta. Teléfono: 981 542 778, fax: 981 542 762. Santiago de Compostela.
2. Obxecto do contrato: a contratación de servicios de transporte sanitario para altas hospitalarias, urxencias non ingresadas e traslados interhospitalarios do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto e trámite de urxencia.
4. Orzamento base de licitación: importe máximo anual previsto de trescentos oitenta e sete mil seis
centos cincuenta e dous euros con oitenta céntimos (387.652,80 euros).
5. Fianzas e garantías: garantía definitiva por importe de quince mil cincocentos cinco euros (15.505 euros).
6. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.
7. Solvencia económico-financeira e técnica: acredítanse conforme o establecido nos puntos 9 e 10 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 9 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
a) Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do oitavo día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e segundo establece o punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.
10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas 2-1 do Sergas (2ª planta), a partir das 9.30 horas do sétimo día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso no que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.
11. Anuncios: os anuncios do presente concurso será por conta do adxudicatario do concurso.
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2002.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos Económicos