Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Martes, 03 de setembro de 2002 Páx. 13.204

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 24 de xullo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/200).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A., C.T.I., R.B.T.A. Aramio.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica aérea núa de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón, e con conductor LA-56, de 270 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta o C.T. Fornas e final no C.T. Aramio, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intenperie, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Aramio, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 290 m que se conecta á rede existente no termo municipal de Santiago de Compostela.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 24 de xullo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 02/200Provincia: A Coruña

L.M.T.A. AramioTermo municipal: Santiago de Compostela

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Leiras PallalMonte altoCarmen Brea BreaA Costa-Aríns

15892 Santiago de Compostela

1,œ2,œ

C.T.

82752.670

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2Leiras PallalMonte altoLino López GalanteAramio-Aríns

15892 Santiago de Compostela

œ2160480

3Leiras PallalPradoPastora Pereira MontoroFornas-Aríns

15892 Santiago de Compostela

œ

C.T.

5100500