Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 10 de decembro de 2001 (DOG nº 247, do 25 de decembro) nomeáronse os membros dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o acceso ás categorías correspondentes ós grupos IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.
De conformidade co establecido na base III.3º das ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto) polas que se convocaron os procesos selectivos para o acceso ás distintas categorías correspondentes ós grupos IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, renunciaron ó seu nomeamento Antonio Rodríguez Álvarez e Enrique González Murga, presidente titular e secretario titular respectivamente, e Ignacio Cabano Vázquez, Elena Verdía Armada e Gabriel Quiroga Barro, vocais titulares dos tribunais IV-F e V-D.
De acordo co anterior, e dando cumprimento á base III.4º das citadas ordes do 30 de xullo de 2001,
DISPOÑO:
Primeiro.-Nomear presidente titular dos tribunais IV-F e V-D a Federico Garrido Villa, en substitución de Antonio Rodríguez Álvarez, e nomear presidente suplente a Mª Jesús de la Peña Llerandi.
Segundo.-Nomear secretario titular dos tribunais IV-F e V-D a Enrique Miguel Destart Novoa, en substitución de Enrique González Murga, e nomear secretaria suplente a Beatriz Otero Schmitt.
Terceiro.-Nomear vocais titulares dos tribunais IV-F e V-D a Mª Carmen Rodríguez Mosquera, Mª Carmen Carballo García, e Carmen Álvarez Rodríguez en substitución de Ignacio Cabano Vázquez, Elena Verdía Armada e Gabriel Quiroga Barro, e nomear vocais suplentes a Juan Carlos Campaña Figueira, Ángeles Mallo Munín e José Manuel González Sanmartín.
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2002.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública