Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2002, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se anuncia a licitación do concurso para a contratación das obras de construcción dunha praia de estacionamento de vehículos en superficie no concello de Ribadeo (Lugo), polo procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra de construcción dunha praia de estacionamento de vehículos en supercicie no concello de Ribadeo (Lugo).

b) Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe máximo autorizado: 150.253,03 euros.

5. Garantías.

Provisional: 3.005,06 euros.

Definitiva: 16.010,12 euros.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación poderán recollerse en:

a) Entidade: nos servicios centrais da Dirección Xeral de Transportes e nas delegacións provinciais da CPTOPV.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

f) Tamén se poderá recolle-lo prego de cláusulas administrativas particulares na páxina da Internet www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=1663.

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría D; grupo G, subgrupo 5, categoría D.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; se coincide nun día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que integrará as ofertas: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, ou enviarase por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Enderezo: r/ San Caetano s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

9. Apertura das ofertas:

Realizarase nos locais da Dirección Xeral de Transportes; enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar); localidade: Santiago de Compostela; ás 12 horas do décimo primeiro día hábil contado a partir do día seguinte á data límite de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario ata un importe máximo de 6.000 euros.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG do 14 de decembro)

Mª José Bravo Bosch

Directora xeral de Transportes