Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 02 de setembro de 2002 Páx. 13.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2002 pola que se convoca concurso público aberto de tramitación ordinaria para a contratación dunha subministración por lotes.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión.

c) Referencia: 2002-04-01255.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: o obxecto deste contrato é a adquisición, pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, de infraestructuras de investigación para o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo da Xunta de Galicia, por pro

cedemento aberto mediante concurso público e coa posibilidade de licitar á totalidade, a un ou a varios lotes.

As características dos equipos obxecto deste contrato detállanse no prego de prescricións técnicas.

b) Prazo de execución: os bens obxecto de licitación serán entregados antes do 31 de outubro de 2002 nos centros que se detallan no epígrafe I da folla de especificacións e no prego de prescricións técnicas, tendo que estar instalados e en funcionamento antes do 15 de novembro de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: o orzamento máximo ascende a 107.476 A que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 04-06-432 A 628.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2002.

5. Garantía provisional.

A garantía provisional, por un importe equivalente ó 2% do orzamento de licitación (2.149,52 A), caso de licitar ós catro lotes. No caso de licitar a un ou varios lotes, o importe da garantía provisional será do 2% do orzamento de licitación do lote ou da suma dos lotes ós que se concorra.

Obtención de documentación e información: poderán retirala no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, rúa dos Feáns, nº 7, 15706 Santiago de Compostela, teléfonos: 981 54 10 87/981 54 10 88, ou nas páxinas web: www.sxid.org/web ou www.xunta.es/contratacion.

6. Variantes: non se admiten variantes.

7. O prazo que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta é de tres meses contados desde a data de apertura de proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento en horario de 9 a 14 horas, ou ben na forma prevista no TRLCAAP.

10. Apertura de ofertas.

Realizarase o décimo primeiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas, nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

O importe do presente anuncio correrá por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA