Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Acordo da Comisión de Goberno deste Concello polo que se aproba o prego de cláusulas administrativas e se anuncia concurso con procedemento aberto, trámite ordinario, para a contratación das obras de saneamento e pavimentación camiño Cruceiro Vello (Arén) e Santa Mariña-Renda (Xuviño).

Tipo de licitación: 94.690,09 A, IVE incluído.

Fianzas: definitiva por importe do 4% do tipo.

Prazo de execución: tres meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do concello, de 9 a 13.30 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Apertura de plicas: na casa do concello ás 13.30 horas do terceiro día hábil posterior ó do remate do prazo de presentación (agás sábados).

Información: no Servicio de Contratación na Secretaría do Concello, teléfono: 986 77 00 01 e fax: 986 77 12 77.

Criterios de adxudicación: os indicados na cláusula 9ª do prego.

Gastos: por conta do adxudicatario, estipulados na cláusula 20ª.

Poio, 16 de xullo de 2002.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde