Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1260/2001).

Anúnciase que a Comisión de Goberno en sesión ordinaria, do día 27 de xuño de 2002, adoptou entre outros o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente os estatutos e bases de actuación para a xunta de compensación do polí

gono 3 da área de repartición 2 do SU-32, por instancia de Manuel Fernández González, en representación de Viñafersa, S.L. e José Antonio Velo Domínguez e Augusto Loureiro Atrio, en representación de Cotoriño, S.L. en representación da comisión xestora do polígono 3 da área de repartición 2 do SU-32.

2. De acordo co establecido no artigo 162.3º do Regulamento de xestión urbanística noméase como representante do concello no órgano rector da xunta de compensación a Ricardo Campo Labrador.

3. Na notificación do acordo de aprobación definitiva requiriranse os que sexan propietarios afectados e non solicitasen a súa incorporación á xunta para que así o efectúen se o desexan no prazo dun mes contado desde a notificación coa advertencia de expropiación, en conformidade co establecido no artigo 162.5º do Regulamento de xestión urbanística.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 17 de xullo de 2002.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente