Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.956

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión Municipal de Goberno do Concello de Cangas do 26 de xullo de 2002 o proxecto de urbanización da unidade de actuación nº 10 das previstas nas normas subsidiarias de planeamento promovido pola xunta de compensación da devandita unidade e redactado polo enxeñeiro de camiños, canales e portos, Manuel Cameáns Rodríguez, con visado de data 21-3-2002, sométese a información pública por un período dun mes para efectos de reclamacións, contados a partir

do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co sinalado polo artigo 44.3º de Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, servindo o presente anuncio de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios interesados directamente afectados que resultaren descoñecidos ou que, por se ignora-lo seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente.

Cangas, 28 de xullo de 2002.

José Enrique Sotelo Villar

Alcalde-presidente