Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2002 Páx. 12.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/75-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Iberdrola Distribución Eléctrica, S.A.U.

Domicilio social: C. Gardoqui, 8-6º F, 48008 Bilbao.

Denominación: reforma subestación eléctrica San Cristovo.

Situación: Chandrexa de Queixa.

Descricións técnicas: reforma da subestación eléctrica de San Cristovo, da que a configuración final será a seguinte: a) Sistema de 132 kV en intemperie e simple barra composta por 2 posicións de liña (liña Trives e liña Serra do Burgo), 1 transformador de potencia, módulo compacto PASS MO de ABB con tódalas funcións integradas; transformador de potencia trifásico 132/6,6 kV, transformador de potencia trifásico 20/6,6 kV. b) Sistema de 20 kV tipo interior, esquema simple barra, con 2 celas de liña, 2 celas de medida, 1 cela de trafo de potencia e 1 cela de transformador de servicios auxiliares. c) Sistema de 6,6 kV procedente da central hidráulica, tipo interior e simple barra. 2 trafos de 100 kVA C.U.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 2 de xullo de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense