Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de proposta de modificación das normas subsidiarias de Nigrán: cemiterio de Nigrán (expediente 1999/007S).

Aprobación definitiva: acordo plenario do 28 de xuño de 2002.

Trámite: publicación.

Norma reguladora: artigo 48 da Lei do solo de Galicia e artigo 70.2º da Lei 7/1985.

O Concello de Nigrán aprobou definitivamente, en virtude da delegación prevista na Lei 7/1995, a proposta de modificación das normas subsidiarias de planeamento, relativa ó equipamento do cemiterio de Nigrán, facendo constar que no trámite do expediente de ampliación do cemiterio que no seu momento se leve a cabo ó amparo do disposto no artigo 51 e seguintes do Decreto 134/1998, Regulamento de policía sanitaria mortuoria de Galicia, se solicitará o preceptivo informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, tal e como dispón o artigo 54 do citado regulamento.

A citada resolución pon fin á vía administrativa, polo que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a publicación deste anuncio. Todo isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Nigrán, 8 de xullo de 2002.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde