Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO da proposta de modificación das normas subsidiarias de Nigrán: ampliación do ámbito do sistema de infraestructuras de servicios técnicos en Condomínguez (expediente 2002/0305).

O Pleno do concello, en sesión que tivo lugar o 28 de xuño de 2002, aprobou con carácter inicial a proposta de modificación das normas subsidiarias de planeamento, relativa á ampliación do ámbito do sistema de infraestructuras de servicios técnicos en Condomínguez.

Por este anuncio sométese a información pública o expediente polo prazo dun mes, período durante o que poderá ser examinado e formularse alegacións.

Ó propio tempo, faise pública a suspensión do outorgamento de licencias na área afectada.

Nigrán, 4 de xullo de 2002.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde