Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2002 Páx. 12.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cariño.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do día 19 de agosto de 2002, acordou aprobar definitivamente, por maioría absoluta do número legal de membros da corporación, a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello, no que afecta á zona Lagoa-Barreiros, de xeito que nela se permita un uso deportivo e docente.

O que se fai público para a súa executividade, cumprindo así co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sinalando que contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, de conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, poderá interpoñerse postestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación do presente acordo, de conformidade co artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; ou ben impugnalo directamente ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa.

Se se opta pola interposición do recurso potestativo de reposición, deberá ser resolto e notificado polo concello no prazo dun mes, segundo establece o artigo 117.2º da Lei 30/1992. Transcorrido un mes desde a interposición do recurso de reposición sen que teña recaído resolución en prazo, entenderase desestimado, e poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición ou ben directamente contra o presente acordo, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da devandita resolución ou, ó da publicación do presente acordo; se a resolución non fose expresa, o prazo de interposición do recurso contencioso-administrativo será de seis meses, e contarase a partir do día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso potestativo de reposición interposto, segundo establecen os artigos 46.1º e 4º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Advírtese que tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que os interesados estimen pertinente en defensa dos seus intereses.

Cariño, 21 de agosto de 2002.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde